Uso do software TIC TAC para favorecer a comprensión do tempo en persoas adultas con autismo e discapacidade intelectualestudo de tres casos
- Cristina Campillo Costoya
- Gerardo Herrera Gutiérrez
- Concepción Remírez de Ganuza López
- José Luis Cuesta Gómez
- Raquel Abellán Royuela
- Arturo Campos Zurriaga
- I. Navarro
- Javier Sevilla
- Carlos Pardo Carpio
- Fabián Alfredo Amati
ISSN: 1698-5966
Year of publication: 2009
Issue: 13
Pages: 9-26
Type: Article
More publications in: Maremagnum: publicación galega sobre os trastornos do espectro autista
Abstract
Neste estudo recóllese a intervención e os resultados de utilización da representación do tempo denominada "tic-tac" sobre tres persoas adultas con autismo e discapacidade intelectual. Tic-tac é un software que funciona en todo tipo de dispositivos portátiles deseñado expresamente para o seu uso por este colectivo. O estudo centrouse na aplicación de situacións de espera que resultaban máis problemáticas para os participantes. Seguiuse un modelo AB (Liña Base de Intervención) e para a análise das gravacións o procedemento de intervalo de tempo parcial. Os vídeos foron analizados por catro observadores. Como resultado, os participantes comprenderon a ferramenta Tic-tac observando como avanzaba, seguían os movementos co dedo e, nos dous primeiros participantes, cambiaban a súa actividade unha vez este remataba. Tamén produciu unha redución significativa da ansiedade mostrada polos participantes nas situacións de espera utilizadas. Nin a comprensión da espera nin a redución da ansiedade se xeneralizaron a outras situacións e contornas ós que as persoas acudían noutros momentos do día.