As artes escénicas en Galiciasituación e perspectivas

  1. Alonso, Eduardo
  2. Ángeles Gayoso
  3. José Luis López Roca
  4. Inma López Silva
  5. Natalia Ollora
  6. Roberto Pascual
  7. Rodrigo Porral
  8. Santi Prego
  9. Nuria Sotelo
  10. Damián Villalaín
  11. Manuel Vieites
  12. Maximino Zumalave

Editorial: Consello da Cultura Galega

Año de publicación: 2013

Tipo: Libro

Resumen

En todos estes anos, foron moitas as organizacións, entidades, asociacións e organismos que presentaron propostas orientadas á mellora do campo das artes escénicas. Nun momento en que se deixa sentir unha fonda preocupación arredor do futuro dun sector que noutros países do noso contorno xeográfico e cultural se considera estratéxico, e que goza de medidas específicas de promoción e fomento, polo valor engadido e os retornos de todo tipo que ofrece á sociedade que o sustenta, resulta oportuno que desde o Consello da Cultura Galega, seguindo a pauta establecida na súa Reflexión estratéxica sobre a cultura galega, se propoñan liñas posibles de actuación que se poidan ter en conta á hora de que as administracións públicas tomen iniciativas que garantan o pleno desenvolvemento de manifestacións e prácticas artísticas que, amais da profesional, tamén teñen unha importante dimensión comunitaria e escolar. A Sección de Música e Artes Escénicas presenta, así, un documento para que as administracións públicas, as institucións e os axentes das artes escénicas de Galicia poidan establecer marcos de encontro e deliberación nos que deseñar plans estratéxicos para as ditas artes, que permitan o seu pleno desenvolvemento e unha converxencia real con Europa.